Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  O día 31 de outubro remata o prazo de preinscrición na nova edición do Curso Superior de Relacións Laborais

O Pleno do Consello de Relacións Laborais acordou, segundo o procedemento previsto na Lei 5/2008, do 23 de maio (DOG do 11 de xuño de 2008), pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, impulsar a celebración dun Curso Superior de Relacións Laborais co obxecto de afondar e promover as actividades docentes directamente relacionadas co mundo laboral e a formación e a especialización de profesionais nesta materia, e para isto solicitar á Universidade de Santiago de Compostela a súa colaboración para o referido Curso.

O Curso diríxese ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito; ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais; e a quen desempeñe tarefas de xestión de recursos humanos, se ben poderase autorizar a asistencia doutras persoas con titulación nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso.

Encoméndase a dirección do CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a don Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

O Curso celebrarase do 12 de xaneiro ao 6 de xullo de 2018.

Para un óptimo aproveitamento das ensinanzas a impartir establécese un límite de 75 alumnos.

Establécese como dereito de matrícula para o CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a cantidade de mil trescentos euros (1.300 €) por alumno/a que serán aboadas en concepto de liquidación.

As solicitudes de admisión presentaranse na secretaría do Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo (Facultade de Dereito) ou no Consello Galego de Relacións Laborais.

Toda a información do Curso está ao voso dispor premendo no seguinte enlace:

Curso de Especialización en Relacións Laborais

Curso de Experto en Relacións Laborais

 
 -Nova edición do Boletín de Información...  09/11/2017
 -Xornada en Vigo sobre "Perspectivas de...  02/11/2017
 -Xornada en Ferrol: "Novas cuestións xu...  24/10/2017
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
 -Xornada en Santiago sobre "Dimensión l...  09/10/2017
Mais>>