Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Ferrol: "Novas cuestións xurídico-laborais a exame"

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizou con detalle algúns aspectos novidosos no eido xurídico-laboral, co o piar europeo de dereitos sociais á luz do disposto na çResolución do Parlamento Europeo de 19.01.2017, ou as máis recentes sentenzas europeas en materia de despedimento discriminatorio, entre outras cuestións.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, dirixíuse ás alumnas e alumnos desta Facultade sita en Ferrol e, en xeral, da UDC, aos axentes sociais galegos, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, graduados/as sociais e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: 15 de Novembro de 2017
Lugar: Salón de Actos do Campus Universitario de Esteiro da UDC (campus Esteiro, r/ San Ramón s/n – Ferrol)

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 30 de outubro ao 14 de novembro de 2017, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Facultade de Ciencias do Traballo da UDC
Campus Esteiro
r/ San Román s/n
Tfno.: 981 337 400. Ext. 3577
Fax: 981 337 422
e-mail: decanato.fct@udc.es



  -triptico ferrol


 
 -Xornada en Santiago: O impacto da cont...  21/11/2017
 -Nova edición do Boletín de Información...  09/11/2017
 -Xornada en Vigo sobre "Perspectivas de...  02/11/2017
 -Xornada en Ferrol: "Novas cuestións xu...  24/10/2017
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
Mais>>