Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Vigo sobre "Perspectivas de análise e cuestións laborais de actualidade"

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Consello Galego de Relacións Laborais e o Departamento de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo, punteiro a nivel estatal en investigación e grazas á inestimable colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo, sempre activo na procura da prestación de servizos ás empresas nel integradas, organizan unha xornada na cidade de Vigo para tratar temas de actualidade no eido das relacións laborais.

Nesta xornada analizaranse cuestións moi diversas, que van desde a problemática da descentralización produtiva e os límites conceptuais entre as empresas multiservizos e as empresas de traballo temporal, ou desde unha perspectiva europea, os desprazamentos transnacionais de persoas traballadoras, ata a cuestión, sempre candente, do presente e futuro do sistema público de pensións.

Esperamos que esta xornada sexa de utilidade e que contribúa á formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.


Data: 29 de novembro de 2017
Horario: de 15.45 h. a 20:30 h.

Lugar: Auditorio do Museo do Mar de Galicia – Avenida Atlántida, 160 - VIGO.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Información e inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 13 ata o 28 de novembro de 2017, nos seguintes lugares:

Para as organizacións sindicais, empresariais e profesionais, no Consello Galego de Relacións Laborais
Tfno. 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Para o alumnado da Universidade de Vigo:
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Campus As Lagoas, s/n. Vigo.
Tfno.: 986 813 840
e-mail: dt1x13@uvigo.es

  -triptico vigo


 
 -Xornada en Santiago: O impacto da cont...  21/11/2017
 -Nova edición do Boletín de Información...  09/11/2017
 -Xornada en Vigo sobre "Perspectivas de...  02/11/2017
 -Xornada en Ferrol: "Novas cuestións xu...  24/10/2017
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
Mais>>