Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada do Consello Galego de Relacións Laborais en Lugo: " Dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral"


O Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 ( Regulamento Xeral de Protección de Datos) entra en vigor o 25 de maio de 2018 e vai cambiar o panorama da protección de datos para as empresas. Estas deberán ser máis dilixentes no adecuado tratamento de datos persoais. No ámbito da relación laboral vai desenvolver efectos importantes, posto que introduce novidades en relación co reforzo do consentimento, un máis esixente deber de información, a obriga de notificar os fallos de seguridade, ou un encarecemento das sancións polo incumprimento, que van depender do volume de facturación da empresa.

Estas cuestións abordaranse nesta xornada, dun xeito riguroso e profundo, da man de profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo galegas, e de representantes das organizacións sindicais e empresarial máis representativas en Galicia.

Esta xornada organizada conxuntamente co Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, e diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: Mércores, 4 de abril de 2018.

Lugar: Salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo ata o 2 de abril de 2018, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Escola Universitaria de Relacións Laborais
Complexo docente do campus de Lugo
Avda. Filarmónica Lucense
Tfno.: 982 824 800
Fax: 982 285 860
e-mail: mercedes.montes@usc.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo
Praza de Alicante, 13 Entrechán
27004 Lugo
Tfno.: 982 211 503
Fax: 982 812 502
e-mail: graduadoslugo@yahoo.es

  -triptico lugo


 
 -Xornada en Pontevedra: Dereito á intim...  02/04/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  28/03/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  23/03/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  20/03/2018
 -8 de marzo: A negociación colectiva, u...  07/03/2018
Mais>>