Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada do Consello Galego de Relacións Laborais en Ourense: Dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral

O Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 ( Regulamento Xeral de Protección de Datos) entra en vigor o 25 de maio de 2018 e vai cambiar o panorama da protección de datos para as empresas. Estas deberán ser máis dilixentes no adecuado tratamento de datos persoais. No ámbito da relación laboral vai desenvolver efectos importantes, posto que introduce novidades en relación co reforzo do consentimento, un máis esixente deber de información, a obriga de notificar os fallos de seguridade, ou un encarecemento das sancións polo incumprimento, que van depender do volume de facturación da empresa.

Estas cuestións abordaranse nesta xornada, dun xeito riguroso e profundo, da man de profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo galegas, e de representantes das organizacións sindicais e empresarial máis representativas en Galicia.

Esta xornada organizada conxuntamente co Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Facultade de Dereito de Ourense, e diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: Mércores, 11 de abril de 2018.

Lugar: Salón de graos da Facultade de Dereito de Ourense (Campus As Lagoas, 32004 Ourense)

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo ata o 9 de abril de 2018, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Facultade de Dereito de Ourense
Campus Universitario As Lagoas, s/n
32004 Ourense
Tfno.: 988 368 700
Fax: 988 368 923
e-mail: mfprieto@uvigo.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa Monforte, 12 baixo
15007 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org

  -triptico ourense


 
 -Xornada en Pontevedra: Dereito á intim...  02/04/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  28/03/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  23/03/2018
 -Xornada do Consello Galego de Relación...  20/03/2018
 -8 de marzo: A negociación colectiva, u...  07/03/2018
Mais>>